Batman: Arkham City sairá no outono de 2011

venres, 6 de agosto do 2010 Marcus Fernández

O éxito de Batman: Arkham Asylum, considerado coma o mellor xogo da historia baseado nun personaxe de cómic, garantía unha secuela, pero dende Rocksteady Studios, lonxe de limitarse a crear un produto rápido e doado (simplemente engadindo novos mapas sen modificar a súa mecánica de xogo) confirman que non veremos a nova entrega ata outono de 2011, e levará por título Batman: Arkham City, en referencia a unha nova prisión de máxima seguridade sita no corazón de Gotham City.
O xogo para PlayStation 3, Xbox 360 e PC incorporará a múltiples personaxes clásicos das aventuras de Batman, de xeito que veremos a moitos dos inimigos do Cruzado da Capa que non apareceran na anterior entrega (por non estar recluídos en Arkham no momento do motín organizado polo Joker).
Batman: Arkham City xa conta con páxina web, e tamén cunha serie de ilustracións que axudan a elevar as expectativas sobre un xogo moi prometedor:

Os primeiros artworks do xogo dan a entender que contará coa presenza de Catwoman e Dúas Caras

PUBLICIDADE