Batman: Arkham City terá unha completa edición xogo do ano
luns, 23 de abril do 2012
Sen dúbida Batman: Arkham City é un dos xogos máis
relevantes da segunda metade de 2011, que veu seguido de numerosos contidos
descargables (DLC) que puideron adquirirse para alongar a súa vida, e que agora
anuncian que o 29 de maio virán todos incluÃdos nunha edición
especial do xogo chamada Batman: Arkham
City Game of the Year Edition, que non só incluirá os DLC anteriores,
senón tamén un novo capÃtulo chamado Harley Quinn’s
Revenge (programado para o luns da semana que vén, e que será o derradeiro que recibirá Arkham City) e un cupón para a
descarga de balde da pelÃcula animada Batman:
Year One.
Estamos ante unha excelente oportunidade para quen aÃnda non adquirise este
excelente xogo (considerado por moitos como a mellor adaptación do cómic ao
videoxogo da historia), que evitará asà a adquisición de contido adicional por
separado, conseguindo o que poderiamos considerar como o xogo completo, pois incluirÃa os seguintes contidos descargables:
Mapas: Mansión Wayne, Main Hall, Tren Freight, Máscara Negra, O Carnaval do Joker, o Salón Iceberg e a Batcova
Personaxes xogables: Catwoman, Robin e Nightwing
Skins: Batsuit 1970, Batman Ano Un, El Regreso del Señor de la Noche, Batman Terra Un, Batman Beyond, Batman (animado), Sinestro Corps Batman, Catwoman Long Halloween, Catwoman (animada), Robin (animado), Red Robin e Nightwing (animado).
Trailer da edición xogo do ano de Batman: Arkham City
- Harley Quinn protagonizará un novo episodio descargable do xogo