Batman: Arkham Knight chegará ás tendas o 2 de xuño de 2015
luns, 8 de setembro do 2014
AÃnda
que o xogo de Rocksteady Games Batman: Arkham Knight
estaba previsto para a vindeira campaña de Nadal, o anuncio do seu
adiamento a 2015 daba a entender que poderiamos ter que agardar aos meses
de febreiro ou marzo para poder gozar do que poderÃa ser o tÃtulo definitivo
desta saga, pero hoxe fÃxose pública a data de lanzamento definitiva, que está
aÃnda máis afastada do previsto, quedando a saÃda deste xogo para PC, Xbox One
e PS4 no 2 de xuño de 2015.
Dende Warner Bros. Interactive Entertainment non se limitan a publicar a data
de lanzamento do xogo, senón que tamén detallan
os contidos dun par de edicións especiais do mesmo, que estarán dispoñibles
en cantidades limitadas. Por unha banda teremos unha edición limitada que
custará 99,99 euros para PC e 119,99 euros para consola, que engadirá
ao xogo (que virá nunha caixa metálica) un libro de ilustracións de 80 páxinas,
un cómica, 3 skins para o xogo e unha
estatua conmemorativa de Batman, mentres que a edición máis luxosa (só
dispoñible para consolas) venderase a 199,99 euros e, en vez da
figura de Batman, incluirá unha estatua totalmente transformable do Batmóbil,
no que parece que será toda unha peza de coleccionista polo seu elevado nivel
de detalle.
- A edición limitada máis luxosa incluirá unha figura transformable do Batmóbil