Batman: Arkham Origins</Em> estréase anticipadamente na App Store

xoves, 17 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Aínda que non estaba prevista a súa estrea ata o vindeiro día 25, o xogo Batman: Arkham Origins adianta o seu lanzamento para iOS de xeito que está xa dispoñible de balde unha semana antes de que a súa versión para consolas vexa a luz. O novo xogo de loita protagonizado polo personaxe creado por Bob Kane ve así a luz na App Store como aplicación universal free-to-play, ou sexa, que aínda que sexa posible xogar de xeito gratuíto, será posible adquirir elementos adicionais mediante cartos reais, aínda que neste tipo de xogos normalmente é preciso realizar pagamentos para adquirir potenciadores que faciliten o progreso no xogo sen que a evolución do personaxe sexa desesperadamente lenta.
Batman: Arkham Origins foi desenvolvido por NetherRealm Studios e vén a ser un xogo de loita mediante xestos táctiles no máis puro estilo de Infinity Blade, pero contando co atractivo de que, aparte de ter que enfrontarnos a delincuentes comúns, tamén contaremos con rivais propios do cómic (Deathstroke, Firefly, Copperhead, Deadshot, Bane e outros) que tamén aparecen na versión de consolas do xogo, polo que entendemos que este título tamén busca promocionar a súa versión maior.

No xogo poderemos potenciar o noso personaxe con cartos adquiridos no xogo ou pagando con cartos reais

PUBLICIDADE