Battleborn, unha nova creación de Gearbox que mesturará FPS e MOBA
martes, 8 de xullo do 2014
A
portada da revista Game Informer do
mes de agosto vén de desvelarse, revelando unha nova franquÃa de Gearbox, o
estudio detrás de Borderlands, que leva
por nome Battleborn e que será unha mestura de
MOBA con area de combate en primeira persoa, que chegará a PC, Xbox One e
PlayStation 4.
O novo xogo promete personaxes moi disparatados (para goce dos seareiros das
anteriores creacións de Gearbox) que poderán enfrontarse en enfrontamentos de 5
contra 5, combinando a acción da primeira persoal coa estratexia por equipos de
xogos como League of Legends e Dota 2. Unha combinación de elementos
que están moi de moda actualmente no sector dos videoxogos e que poderÃa converterse
nun dos novos fenómenos do lecer electrónico, do que saberemos máis tras a
publicación do novo número de Game
Informer, revista que destinará 12 páxinas a este novo xogo que destilará
violencia, humor e creatividade.
Trailer de presentación do xogo