Battlefield 1 xa está dispoñible para os xogadores da súa edición de luxo
martes, 18 de outubro do 2016
Electronic Arts decidiu dar un salto temporal cara atrás na
súa franquÃa bélica, de xeito que Battlefield
1 transporta ao xogador á Primeira Guerra Mundial, considerada como o
grande conflito internacional que mudou a guerra para sempre, polo que resulta
moi interesante este achegamento a un xogo que sairá á venda para consolas dentro
de 3 dÃas a un prezo de 69,99 euros, pero que a partires de hoxe ofrece unha
curiosa edición de luxo por 89,99 euros que, aparte de incluÃr contidos
adicionais, permite un acceso anticipado ao xogo.
A Battlefield
1 Early Enlister Deluxe Edition para Xbox One
e para
PlayStation 4 permÃtenos participar en épicas batallas, controlar enormes
vehÃculos, executar manobras que poden dar un xiro ás batallas dun conflito
global que tanto permitirá loitar en cidades francesas asediadas como no
deserto de Arabia e que, como é habitual na franquÃa, conta con modos
multixogador realmente notables, de grande intensidade, no que poderemos atacar
a pé como infanterÃa ou incluso liderar un asalto de cabalerÃa.
Os xogadores que opten por facerse con edición de luxo non só non terán que
agardar ao venres para xogar a Battlefield
1, senón que tamén recibirán os lotes descargables do Barón Vermello e
Lawrence de Arabia (con armas, vehÃculos e artigos especiais), aspecto visual exclusivo
de tres dos vehÃculos máis grandes do xogo e 5 Battlepacks con diversas combinacións de obxectos.
- Battlefield 1 achéganos á Primeira Guerra Mundial