Bayonetta consegue unha puntuación perfecta na revista Famitsu
mércores, 21 de outubro do 2009
A revista
xaponesa de videoxogos Famitsu é coñecida habitualmente pola súa esixencia á
hora de puntuar os xogos, partindo dun sistema de 4 crÃticos que dan de 0 a 10
puntos cada un, de xeito que acadar unha puntuación total de 40 era algo que
nos últimos anos quedara restrinxido a xogos coma The Legend of Zelda: Ocarina of Time, Smash Bros. Brawl e Metal
Gear Solid 4, e que no
último número da publicación tamén recaeu
na versión para Xbox 360 de Bayonetta,
xogo que tivo que conformarse cun 38 na adaptación para PlayStation 3 (desenvolvida
por un estudo diferente), o que tampouco está nada mal, especialmente se o comparamos
cos 33 puntos que van parar a Tekken 6
(nas versións de Xbox 360 e PS3) ou os 31 puntos de Sin and Punishment 2.
Bayonetta
chega ao mercado nipón a semana que vén, mentres que en España deberemos
agardar a xaneiro para poder gozar deste tÃtulo de PlatinumGames, de aà que
capte tanta atención a acollida que teña o xogo no Xapón, pois poderÃa ser un
adianto do éxito que vaia ter en Europa e EE.UU., dando a impresión de que a
demora occidental vén provocada por unha axeitada estratexia comercial,
evitando competir no Nadal con grandes tÃtulos coma Call of Dury: Modern Warfare 2, Dragon
Age: Origins e Assassin’s Creed II.
TerÃan asà aprendida a lección do ano pasado, no que no último trimestre do ano
coincidiron moitos lanzamentos importantes que non foron capaces de despuntar
entre a última entrega de Call of Duty
e as entregas anuais dos FIFA e o PES.
- Escaneo da revista Famitsu