Bayonetta estreará demo o 3 de decembro

luns, 23 de novembro do 2009 Marcus Fernández

As puntuacións que as revistas especializadas están a dar ao xogo Bayonetta non fai máis que pór os dentes longos aos afeccionados aos videoxogos, pois a xaponesa Famitsu cualificouno cun 40 sobre 40, mentres que a británica EDGE deulle un 10 sobre 10, pero os europeos non teremos por qué agardar ao 8 de xaneiro para mercar este título para Xbox 360 e PlayStation 3 para saber se dá a talla, posto que SEGA vén de anunciar que o vindeiro 3 de decembro estrearán unha versión de demostración do xogo no Bazar de Xbox LIVE e na PlayStation Network.

PUBLICIDADE