Belkin pon á venda unha batería externa para o Apple Watch

luns, 13 de maio do 2019 Marcus Fernández

As baterías externas gañaron moita popularidade nos últimos anos para ampliar a autonomía dos nosos dispositivos móbiles, e nesta liña Belkin xa leva bastante tempo vendendo a Valet Charger que pode empregar os seus 6.700 mAh de capacidade para cargar tanto o iPhone como o Apple Watch, xa que inclúe unha pequena sección para pousar o reloxo de Apple e cargalo mediante indución. Pero este trebello que véndese a 99,99 euros é bastante voluminoso e pesado (299 gramos), de aí que agora engadan ao seu catálogo a Boost Charge Power Bank 2K para o Apple Watch, máis compacta e lixeira (pesa 70 gramos).
Esta batería externa está xa á venda nos EE.UU. por 59,99 euros e está orientada especificamente para o Apple Watch de xeito que podería achegar até 63 horas de batería adicional ao reloxo de Apple, buscando así ser un complemento ideal par as viaxes. Este produto conta con certificación MFi (Made for Apple Watch) e inclúe un cable micro-USB para a súa carga. É compatible cos reloxos de Apple a partires do Apple Watch series 1.

A nova batería externa de Belkin para o Apple Watch é bastante cómoda de transportar grazas ao seu tamaño compacto

PUBLICIDADE