BenQ lanzará lector de e-books en 2010

xoves, 19 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O fabricante taiwanés BenQ súmase á febre de dispositivos para a lectura de libros electrónicos e anuncia o seu nReader, que lanzarán xunto cunha plataforma de venda de e-books para primeiros de 2010, chegando primeiro a Taiwán e espallándose logo a Xapón en China. Dende BenQ agardan vender 50.000 unidades en Taiwan e 300.000 a nivel global para o ano que vén segundo Jerry Wang, o vicepresidente da compañía.
O nReader contará cunha pantalla en branco e negro de 6 polgadas (aínda que a compañía pretende lanzar un modelo de cor para a segunda metade de 2010), 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 16 Gb, con reprodución de MP3, visualización de imaxes (JPEG, BMP, GIF e PNG), compatible cos formatos máis populares (EPUB, PDF, HTML e TXT) e por un prezo de 8.900 dólares taiwaneses (186,44 euros).

PUBLICIDADE