Beyond: Dos Almas sae á venda en España
mércores, 9 de outubro do 2013
Tras unha longa espera, o thriller psicolóxico interactivo dos creadores de Heavy Rain que está protagonizado polos
actores Ellen Page e Willem Dafoe, e que é exclusivo para PlayStation 3, chega
hoxe ao mercado europeo, polo que xa podemos mercar tanto en formato
descargable como en tendas fÃsicas Beyond: Dos Almas,
xogo no que viviremos a vida da moza Jodie Holmes, que destaca por ter poderes
sobrenaturais grazas a un vencello psÃquico con un ente invisible (Aiden).
- Willem Dafoe é un dos actores que pon cara a este xogo
A aventura permitirá experimentar os momentos máis dramáticos da vida da moza
durante 15 anos, partindo da súa infancia e chegando a cando se converte nunha
axente da CIA, enfrontándose a grandes desafÃos nos que as decisións do xogador
irán moldeando a historia.
Este traballo de Quantic Dreams, que contou con David Cage ao cargo da
dirección e do guión, non só foi un dos principais anuncios na entrega de 2012
da feira E3, senón que a primeiros de ano incluso chegou a formar parte da
sección oficial do Festival de Cine de Tribecca, deixando claro que esta
creación pon a proba os lÃmites entre o videoxogo e o cine.
- Aiden achegará o elemento sobrenatural a esta historia
Trailer de lanzamento de Beyond: Dos Almas