BioWare confirma a preparación de Mass Effect 2

martes, 17 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Os personaxes do anterior Mass Effect

Aínda que leva bastante tempo falándose desta produción, finalmente John Riccitiello de EA confirmou que BioWare está a desenvolver Mass Effect 2, a secuela do exitoso xogo de 2007 que promete converterse nunha triloxía de ciencia-ficción, nunha aventura que se desenvolve nun amplo universo inzado de perigosas formas de vida extraterrestres e misteriosos planetas sen explorar.
O novo RPG e acción en primeira persoa chegará para PC e Xbox 360 a primeiros de 2010, e como adianto xa temos un teaser:

PUBLICIDADE