Bioshock precisará dunha instalación de 5 Gb en PS3
mércores, 10 de setembro do 2008
A impresionante e
case cinematográfica ambientación de Bioshock
para PC e Xbox 360 fixo que o xogo de 2K fose un dos maiores éxitos para a
consola de Microsoft, o que levou aos seus responsables a adaptalo para a
PlayStation 3, pero os usuarios da consola de Sony que queiran facerse co
tÃtulo a partir do 24 de outubro deben saber que o xogo precisa dun proceso
de instalación que leva máis de 10 minutos e no que fai uso de 4.980
Mbytes de datos do disco duro da consola, o que resulta un tanto rechamante
porque a versión para Xbox 360 funciona directamente dende DVD.
Está claro que o uso disco duro por parte do xogo acelerará a transición entre
fases (que dende disco pode ser algo lenta) pero a espera para poder botar unha
primeira ollada ao xogo, asà coma o espazo de disco ocupado (que nos modelos
menos recentes de PS3 é un ben escaso) pode resultar frustrante, especialmente
porque se está a converter nunha tendencia.
O xogo é un shooter en primeira
persoa que non está recomendado para menores de 18 anos pois se trata dun xogo
de terror no que o usuario debe sobrevivir en Rapture, unha inmensa utopÃa
submarina devastada por unha guerra xenética e que presenta unha estética art déco que lle dá unha personalidade
única á aventura na que aparecen fascinantes personaxes.
Como vantaxe, a versión de PS3 incorporará dende o comezo as actualización e
contidos descargables que foron saÃndo para Xbox 360 e incluso contará
con algunha novidade.
Trailer de Bioshock presentado na Games Convention