Bioshock terá unha secuela en 2009
mércores, 12 de marzo do 2008
- Imaxe da primeira entrega de Bioshock
En vista de que Electronic Arts está interesada en adquirir
Take-Two, a firma de creación de videoxogos de éxito como a saga de Grand Theft
Auto ou Manhunt anunciou que o seu revolucionario Bioshock terá unha secuela para o outuno de 2009.
O novo tÃtulo estará desenvolvido polo estudo 2K Marin (creado hai poucos meses
en California, e ó que foron a parar moitos dos desenvolvedores da primeira
entrega de Bioshock).
Os que non coñezan Bioshock poden adquirir unha copia do xogo de
acción en primeira persoa para PC na
plataforma de descargas Steam, que vén de rebaixar o seu
prezo a 29,95 dólares (19,44 euros, cando o seu prezo orixinal nas tendas é
de 49,95 euros, mentres que a versión para Xbox 360 chega ós 64,95 euros).