BlackBerry presenta un smartphone con pantalla de 5 polgadas

mércores, 18 de setembro do 2013 Marcus Fernández

BlackBerry anuncia hoxe o seu novo smartphone BlackBerry Z30, que leva o sistema operativo BlackBerry 10 (na súa versión 10.2) a un formato inédito para a compañía canadense, pois este novo terminal ten unha pantalla de 5 polgadas, dimensións que tamén lle permiten integrar unha grande batería.
O BlackBerry Z30 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz con gráfica de catro núcleos, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla Super AMOLED de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, altofalantes estéreo, nova tecnoloxía de antena para unha mellor comunicación en zonas con pouca cobertura, batería de 2.880 mAh (para permitir que o móbil poida funcionar durante unha xornada completa) e con numerosas novidades achegadas a través da nova versión do seu software (por exemplo, as mensaxes recibidas a través de BlackBerry Messenger poderán amosarse en vista previa e responderse sen ter que deixar a aplicación que tivésemos aberta).
A semana que vén comezar a comercializarse en Reino Unido e Oriente Próximo, mentres que o lanzamento no resto de mercados será progresivo dende hoxe ata o Nadal.


Vídeo de presentación do BlackBerry Z30

PUBLICIDADE