Bluebird anuncia os seus primeiros smartphones con Windows Embedded 8 Handheld
luns, 20 de xaneiro do 2014
- O BM180 sorprende por ser o primeiro móbil en comercializarse con Android ou con Windows Embedded 8 Handheld
A
compañÃa de dispositivos móbiles para uso profesional Bluebird anunciou a
dispoñibilidade dos seus novos terminais BM180 e BP30, que destacan
especialmente por funcionar con Windows Embedded 8 Handheld, unha versión de
Windows Phone 8 que non só é compatible coas solucións empresariais de Office
ou Lync, senón que integra funcionalidades de seguridade e administración precisas
para os contornos corporativos e que, desta volta, buscan integrar nun único
dispositivo as comunicacións de voz e datos e o sistema de pagamentos con
tarxetas bancarias (os móbiles integran lector de tarxetas).
O Bluebird
BM180 é un smartphone con pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280
x 720 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM (con opción
para 2 Gb), 16 Gb de almacenamento interno, scanner 2D, RFID, lector de
tarxetas bancarias (opcional), deseño reforzado, baterÃa de 3.000 mAh, un
grosor de 16,7 milÃmetros e un peso de 261 gramos que en breve comercializarase
con Windows Embedded 8 Handheld, o que pode resultar abraiante xa que actualmente
véndese con Android 4.2.
Espérase que durante este ano varios fabricantes lancen terminais con Windows
Embedded 8 Handheld, sendo Bluebird posiblemente o primeiro en comercializar
este tipo de produtos para o ámbito profesional.
- O Bluebird BM180 pode empregarse como terminal de punto de venda