Blusens convértese en distribuidor oficial de Xiaomi para España

venres, 29 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Unha das novas que máis interese espertou entre os nosos lectores nos últimos meses foi a chegada co Xiaomi Mi4 á tenda en liña Opirata.com, co reclamo de que o smartphone non só tiña garantía española, senón que o servizo técnico tamén o tiña en Galicia, e finalmente a compañía que facilitou esta importante vantaxe o anuncia publicamente, confirmando a compostelá Blusens que é distribuidor oficial en España de Xiaomi, e para celebralo oferta na súa tenda en liña o mencionado Xiaomi Mi4 a só 229 euros até o 12 de febreiro.
O Xiaomi Mi4 é un smartphone con pantalla IPS Full HD de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801, 3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno, cámaras Sony de 13 e 8 Mpíxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, batería de 3.080 mAh, 8,9 milímetros de grosor e 149 gramos de peso, que no seu momento foi o móbil insignia de Xiaomi, aínda que cómpre salientar que estamos ante a versión que carece de conectividade 4G.

O Xiaomi Mi4, con seu acabado Premium e grande potencia, é un smartphones cunha boa relación calidade-prezo que agora conta co soporte dunha empresa galega

PUBLICIDADE