Blusens incorpora 2 novos televisores ao seu catálogo

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O Blusens H.96 incorpora DVD, USB e lector de tarxetas de memoria

O fabricante galego de electrónica de consumo, Blusens, amplía a súa gama de televisores cos modelos H.94 e H.96 que se venden en distintos tamaños e incorporando todos sintonizador analóxico e dixital, teletexto, función Picture-in-Picture (que permite ver dúas canles á vez), 2 entradas HDMI e entradas de vídeo composto, compoñentes, S-Video, VGA, audio e euroconector.
O Blusens H.94 se vende en tamaños de entre 19 e 42 polgadas a prezos de entre 269 e 1.119 euros (chegando á alta definición o modelo de tamaño superior, mentres que o resto son HD Ready), mentres que o Blusens H.96 se venderá en tamaños de entre 15 e 32 polgadas a prezos de entre 309 e 699 euros, destacando por integrar reprodutor de DVD, lector de tarxetas de memoria e porto USB para a reprodución audiovisual (soportando incluso vídeo en XviD).

PUBLICIDADE