Blusens incrementa a capacidade dos seus discos duros multimedia

martes, 13 de maio do 2008 Marcus Fernández

O Blusens K.20 permite gravar de fontes de vídeo externas

Blusens renova a súa liña de discos duros multimedia dotándoos de maior capacidade, de xeito que chegan ata un máximo de 750 Mbytes.
O Blusens K.20 non só reproduce arquivos almacenados no seu interior, senón que tamén permite gravar en MPEG-4 dende unha fonte de vídeo externa (permitindo a programación de ata 6 gravacións), conta cunha función de marcas para lembrar onde estabamos nun vídeo reproducido para continuar a súa visualización máis adiante e incluso conta cun lector de tarxetas SD, MMC e CF. O seu prezo de venda é de 170 e 200 euros para os modelos de 500 e 750 Gb respectivamente.
Pola súa banda, o Blusens K.30 reproduce ficheiros IFO (DVD) e MPEG-4 (soportando múltiples pistas de audio e subtítulos en formato .sub, .srt e .smi), ten conectores SATA e IDE e tamén inclúe un porto USB 2.0. Se vende en capacidades de 250, 500 e 750 Gb a 110, 150 e 200 euros respectivamente.

O Blusens K.30 incluso reproduce ficheiros IFO

PUBLICIDADE