Blusens prepara un proxector de vídeo con sintonizador de televisión integrado

mércores, 4 de xullo do 2012 Marcus Fernández

O dispositivo conta con numerosas entradas de vídeo

Blusens vén de incorporar ao seu catálogo un produto que entendemos que non venderán en España pero que resulta bastante curioso, pois trátase dun proxector LEG que integra sintonizador de televisión analóxica. Este proxector pode xerar unha pantalla de entre 60 e 100 polgadas cunha resolución de 640 x 480 píxeles, integrando altofalantes e permitindo entradas de vídeo a 720p e 1.080p, sendo tamén compatible tanto con imaxes 4:3 como 16:9.
O Blusens PJL66 véndese en cor branca ou vermella, ten 2.000 lumens, un contraste de 1.000:1, pode reproducir contidos multimedia a través dun porto USB (JPEG, BMP, PNG, MPEG-2, AVI-XviD, WMV, MOV, MKV, MP3, WMA, AAC e M4A), conta con numerosas entradas (HDMI, VGA, S-Video, compoñentes, vídeo composto e antena, unhas dimensión de 25,7 x 32,5 x 10,8 céntimetros e un peso de 3,2 quilogramos, que completan unha interesante opción para que desexe un proxector de vídeo autónomo.

PUBLICIDADE