Bolígrafo espía con cámara integrada

xoves, 24 de abril do 2008 Marcus Fernández

Nas películas de espías vemos moitas veces cámaras de vídeo de tamaño reducido, e agora parece que xa están o alcance de case calquera, e como exemplo temos un produto de Digital Cowboy, o bolígrafo espía DVR-BP, que incorpora unha microcámara CMOS de 1 milímetro, micrófono, 2 Gb de memoria e unha batería que lle dá unha autonomía de 2 horas, de xeiot que serve para gravar vídeo a unha resolución de 352 x 288 píxeles a 15 fotogramas por segundo (en formato AVI en formato H.263).
O bolígrafo espía mide 150 x 15 x 15 milímetros, pesa 30 gramos, e se vende no Xapón a 17.800 iens (109,06 euros).

PUBLICIDADE