Bolsa para o portátil que serve de almofada

venres, 5 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O deseñador islandés Hafsteinn Júlíusson tivo a idea de facer unha bolsa para transportar o ordenadores portátil que contase cun grosor adicional, así coma certo acolchado, de xeito que aparte de protexer o equipo durante o seu transporte tamén permite o seu uso como almofada tras longas noites de estudo ou traballo ou mentres se viaxa en autobús ou tren.
O Napbook, aparte de permitir un dobre uso (bolsa e almofada) tamén serve para tranquilizar aos usuarios que se sentirán máis cómodos ao descansar en lugares públicos sen medo a que lles rouben o seu prezado portátil (que estará seguro baixo as súas cabezas).
Polo momento só se pode mercar esta bolsa para o portátil na tenda de Apple en Reykjavik, aínda que Júlíusson asegura que está a traballar nunha comercialización máis ampla o seu produto, que podería ser moi desexado durante as longas concentracións informáticas.

PUBLICIDADE