Boneco que se golpea a cabeza cando usamos o Messenger

venres, 8 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de programas de mensaxería instantánea coma o Skype, MSN Messenger ou Yahoo! Messenger poden empregar un orixinal boneco que se conecta ao ordenador por USB e que avisa cando se recibe unha mensaxe ou un e-mail, ou cando se conecta algún amigo.
As alertas do i-Knock consisten basicamente en que o boneco se golpea a cabeza cun martelo, que poden acompañarse con sons en MP3 para facer máis efectivos os avisos. O trebello mide 74 x 51 x 134 milímetros e é compatible con Windows 2000, XP e Vista, descoñecéndose polo momento o seu prezo de venda (aínda que é de agardar que sexa barato dada a súa limitada utilidade).

PUBLICIDADE