Borderlands contribúe á creación dun museo do videoxogo
martes, 23 de xuño do 2015
Quen aÃnda non lle dera
unha oportunidade á franquÃa de Borderlands,
durante un par de semanas e grazas a un Humble Bundle terá unha excelente
oportunidade para afondar nestes tÃtulos que marcaron a millóns de xogadores en
todo o mundo, xa que están a ofrecerse contidos das primeiras dúas entregas da
saga valoradas en 146 dólares por 15 dólares.
O Humble Borderlands
Bundle permite que pola cantidade que desexemos poidamos facernos co xogo Borderlands orixinal e varios dos seus
contidos adicionais (Borderlands: The
Zombie Island of Dr. Ned, Borderlands:
Mad Moxxi’s Underdome Riot e Borderlands:
The Secret Armory of General Knoxx), mentres que os que paguen máis da
media (4,99 dólares no momento de escribir estas liñas) conseguirán tamén Borderlands 2 cos varios dos seus
engadidos (Borderlands 2: Psycho Pack,
Borderlands 2: Mechromancer Pack e Borderlands
2: Creature Slaughterdome) e un desconto do 75% para mercar
Borderlands: The Pre-Sequel na Humble
Store.
A partires de 15 dólares os usuarios poderán facerse tamén co pase de tempada
de Borderlands 2, os engadidos Borderlands 2: Headhunter 5: Son of
Crawmerax e Borderlands 2: Ultimate
Vault Hunter Upgrade Pack 2, e un desconto do 25% na tenda en liña de 2K Games.
Unha magnÃfica promoción que nos ofrece Gearbox Software a través do Humble
Bundle para achegar fondos para o National
Videogame Museum que abrirá as súas portas en Frisco (Texas) a primeiros de
setembro.
- Este novo Humble Bundle pretende achegar fondos ao futuro Museo Nacional do Videoxogo en Frisco (Texas)
VÃdeo promocional deste novo Humble Bundle