Brain Challenge para iPod axuda a manter a mente activa

venres, 7 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O desenvolvedor de xogos para móbiles Gameloft adaptou o Brain Challenge para os reprodutores iPod nano de terceira xeración, os iPod de quinta xeración e o iPod classic, polo que os usuarios destes dispositivos con capacidades de xogo poidan mercalo a través da tenda de iTunes por 4,99 euros.
Brain Challenge inclúe 20 minixogos que buscan manter en forma a mente con pequenos exercicios entretidos e sinxelos que seguen a moda creada polo Brain Training de Nintendo DS. Os minixogos repártense en 5 categorías (visual, memoria, lóxica, matemática e concentración) e accesibles de distintos xeitos. Así, o usuario pode entrar na sala de prácticas para gozar de tódolos exercicios ou pode utilizar o test diario que elixe 5 minixogos de 3 minutos ó azar, evitando así a monotonía dun xogo lineal.
Este novo xogo tamén permite facer un test cerebral diario e obter estatísticas cos resultados acadados.
Podemos ver un vídeo de presentación que amosa os minixogos incluídos en Brain Challenge:

PUBLICIDADE