Bridge Wi-Fi por só 318 dólares

xoves, 22 de maio do 2008 Marcus Fernández

Conectar en rede lugares afastados normalmente é algo caro, pero HD Communications co seu bridge Wi-Fi HD26200 fai máis doada a adopción deste tipo de tecnoloxía, pois este dispositivo que permite establecer enlaces de radio na banda dos 2,4 GHz por só 318 dólares.
O HD26200 permite facer unha ponte Wi-Fi ata a 8 quilómetros de distancia (con visión directa) a un prezo moi axustado, o que resulta útil para conectar redes de edificios afastados sen ter que botar cable entre os mesmos.
Para situacións nas que a visión directa entre os edificios, o mesmo fabricante anunciou que lanzará outros produtos para finais do verán.

PUBLICIDADE