Brütal Legend estrea demo

xoves, 1 de outubro do 2009 Marcus Fernández

O novo xogo de acción creado por Tim Schafer, Brütal Legend, que conta coa dobraxe maxistral de Santiago Segura interpretando a Eddie Riggs (un pipa convertido en guerreiro nun mundo fantástico de heavy metal no que deberá derrotar a innumerables monstros e demos para salvar á humanidade), estreou hoxe versión de demostración no Bazar de Xbox LIVE, que permítenos ver a introdución do xogo e aprender así o básico do mesmo, como é o uso de armas (unha hacha e unha guitarra eléctrica literalmente falando) ou de distintos vehículos durante unha aventura na que parecen mesturar o universo do Señor dos Aneis co documental de Spinal Tap.
Pero este xogo non é o único que estrea demo descargable hoxe, senón que o Need for Speed SHIFT tamén fai o propio, o que resulta un tanto raro tendo en conta que o xogo xa leva varios días nas tendas.
Ambas versións de demostración tamén chegan hoxe mesmo á PlayStation Store.

PUBLICIDADE