Bud Spencer e Terence Hill estrean xogo para consolas
martes, 24 de xullo do 2018
A finais de 2016 Trinity Team completou con éxito unha
campaña de micromecenado en Kickstarter para facer realidade o primeiro e único videoxogo oficial de
Bud Spencer e Terence Hill, dúas grandes lendas do cine dos anos 70 e 80,
que ao tomar a forma dun xogo no máis puro estilo das máquinas recreativas de
finais dos anos 80 poderÃan facer eternas as súas aventuras.
A campaña de micromecenado foi todo un éxito, con 6.808 patrocinadores que
achegaron un total de 212.557 euros, polo que a finais do ano pasado conseguiu
ver a luz para
ordenadores persoais Bud Spencer
& Terence Hill – Slaps And Beans, curioso xogo con gráficos pixelados
para ter un aire retro no que podemos
vivir unha historia totalmente nova de Bud Spencer e Terence Hill, na que
percórrense moitos dos escenarios e situacións propios dos seus filmes, como un
saloon do Oeste Americano, o centro
de Miami, un parque de atraccións... tendo como mecánica principal un beat’em up para un ou dous xogadores (loxicamente
non podÃa faltar un modo cooperativo) no que mestúranse elementos de plataformas
e minixogos que axudarán a meterse nos mÃticos personaxes.
Pero a este xogo, que chegou
á súa versión definitiva o pasado mes de abril, polo que os seus
responsables puxéronse rapidamente a traballar para levar esta aventura de lapotes e feixóns a outras plataformas;
tarefa que hoxe culminou co seu lanzamento para Xbox
One, PlayStation
4 e Nintendo
Switch.
Todo un exercicio de nostalxia que agradecerán os que se criaran vendo os
filmes desta grande parella cinematográfica que marcou unha época e que aÃnda hoxe
continúa a ser imprescindible para certas canles televisivas moi marcadas polo spaghetti western e o cine de acción sen
máis pretensión que entreter ao espectador.
- O xogo consegue replicar o estilo dos beat’em up de recreativa
- Aparte de lapotes e feixóns, tamén temos distintos minixogos que lembran a distintos filmes da parella cinematográfica
Tráiler do lanzamento para consolas de Bud Spencer & Terence Hill – Slaps And Beans