Burnout Paradise incluirá novos coches lendarios

venres, 9 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O Ecto-1, o Xeneral Lee e KITT inspiraron novos modelos de coche para o Burnout Paradise

Tras a boa acollida de introducir coches clásicos coma o DeLorean de Regreso al Futuro no videoxogo Burnout Paradise, a xente de Criterion decidiu continuar a racha de xeito que agora completan o paquete con outros 3 coches que sen dúbida impresionarán aos afeccionados do cine e da televisión dos anos 80.
Por unha banda chegará o Manhanttan Spirit, vehículo que os seguidores das películas dos Cazapantasmas recoñecerán coma o Ecto-1, e se trata dun coche tuneado para capturar os espíritos que andan soltos pola cidade; o Carson Nighthawk tamén gozará de moi boa aceptación, pois é unha rara versión dun Carson GT que inclúe un modo de super-persecución, ou sexa, que sería unha réplica do KITT de El Coche Fantástico; e para rematar, o Cavalry Bootlegger sería un vello automóbil que homenaxea ao Xeneral Lee da serie El Sheriff Chiflado (adaptada hai pouco para cine coma Dos chalados y muchas curvas). En definitiva, unha colección de coches que permitirán que moitos usuarios volvan a gozar do Burnout Paradise coma se fose un xogo novo.

O coche dos Cazapantasmas faralle moita ilusión aos amantes do cine dos anos 80
Burnout Paradise nos deixará pórnos ao volante do Coche Fantástico
Tamén poderemos conducir un vehículo ideal para fuxir do Xefe Hogg mentres saltamos en cada cambio de rasante


Adianto do que serán os novos coches lendarios para o Burnout Paradise

PUBLICIDADE