Buyutsu, un xogo de combates de robots que chega aos nosos móbiles dende Vigo

xoves, 26 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Continúa o lanzamento de videoxogos móbiles feitos en Galicia, e desta volta queremos achegarnos a Buyutsu, un título para dispositivos Android que foi desenvolvido por Ismael Reyes e Breogán González, integrantes do estudo vigués RedInput, e que consiste en crear un robot personalizado no móbil co que combater contra outros robots en rede para derrotar aos nosos amigos e prosperar nun ranking en liña que amosa aos 100 mellores robots.
O xogo é de balde, resulta bastante sinxelo e basea o seu éxito no factor social. Podemos facernos unha idea do seu funcionamento no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE