C.H.I.P., un mini-ordenador que quere venderse a só 9 dólares

venres, 8 de maio do 2015 Marcus Fernández

Una iniciativa desenvolvida dende California e China quere facer realidade un proxecto na liña da popular placa Arduino, que teña un prezo moi asumible, para o que iniciaron en Kickstarter unha campaña para financiar C.H.I.P., produto que promete ser o primeiro ordenador do mundo que custe 9 dólares, que en poucas horas conseguiu financiamento dabondo como para que no mes de decembro comecen a remitirse aos mecenas as primeiras unidades do que sería o seu procesador sen incluír os adaptadores necesarios para empregar esta produto en solucións portátiles ou conectado a un monitor, que non chegarían até maio de 2016.
C.H.I.P. será unha pequena integración dun procesador a 1 GHz, con 512 MB de RAM e 4 GB de almacenamento interno que podería conectarse á Internet por Wi-Fi N e a accesorios como un rato e un teclado por Bluetooth 4.0, de xeito que podería converterse nun ordenador básico que opere con Linux (o que serviría para traballos de produtividade, navegar pola web, reproducir vídeo, programar e incluso xogar).e que incluso podería facerse portátil mediante PocketC.H.I.P., accesorio cunha pantalla táctil de 4,3 polgadas cunha resolución de 470 x 272 píxeles, teclado QWERTY e batería de 3.000 mAh (que achegaría unha autonomía dunhas 5 horas), o que sería moi interesante para poder levar enriba un trebello que corra software de verdade para, por exemplo, controlar hardware conectado.
Actualmente C.H.I.P. ofrécese por 9 dólares, vendéndose por 19 dólares de incluír unha batería ou un adaptador VGA. No caso de precisar dun adaptador HDMI o prezo conxunto sería de 24 dólares (temos así que a promesa dun ordenador de 9 dólares habería que collela entre aspas), mentres que un C.H.I.P. cun PocketC.H.I.P. venderíase a 49 dólares.


Vídeo promocional do proxecto

PUBLICIDADE