O CES 2021 será totalmente dixital

martes, 28 de xullo do 2020 Marcus Fernández

Pese ás serias sospeitas de que o CES de Las Vegas puido xogar un papel importante na propagación da COVID-19 a organización do evento tecnolóxico teimaba na súa intención de celebrar o CES 2021 o vindeiro mes de xaneiro como un evento presencial relativamente ordinario até agora, xa que finalmente deron o seu brazo a torcer e a Consumer Technology Association (CTA) anuncia que reinventará o seu evento para que sexa unha experiencia totalmente dixital.
O feito de que nas últimas semanas medrase a preocupación pola COVID-19 e as dificultades para organizar un evento presencial con decenas de milleiros de persoas de xeito seguro fixo que finalmente o CES 2021 vaia ser unha feira virtual na que terán lugar presentacións e conferencias que poderán seguirse a través da Internet, presentacións de produtos e tamén xuntanzas e sesións de networking nas que poderá participarse de xeito remoto.

PUBLICIDADE