Call of Duty 4 supera os 10 millóns de copias

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O xogo Call of Duty 4: Modern Warfare vén de superar os 10 millóns de copias vendidas nas súas versión de Xbox 360, PlayStation 3 e PC, entrando a formar parte do exclusivo club de xogos que entra nesta cantidade de vendas (formado por menos de 10 dende o ano 2000), o que ten moito mérito se consideramos o seu elevado prezo (59,95 euros).
O xogo tamén é o título que máis éxito ten na plataforma Xbox Live, pese a que títulos coma GTA IV ou Halo 3 resulten máis rechamantes. Parece que o éxito desta 4ª entrega de Call of Duty podería radicar no feito de que, contra o que fan outros títulos, sitúe a acción nunha guerra actual, e non na II Guerra Mundial, que xa non esperta interese, polo que sorprende que Call of Duty 5 puidese volver a tal escenario.

PUBLICIDADE