Call of Duty: Black Ops 2 vende 8 millóns de copias na súa estrea
xoves, 15 de novembro do 2012
A prensa británica parece confirmar as previsións, e o
diario Metro asegura que o xogo Call of Duty: Black Ops 2 logrou superar
os 8 millóns de copias en 24 horas para as súas versións de Xbox 360 e
PlayStation 3, superando por moito aos seus competidores directos e mellorando
considerablemente os resultados do anterior Black
Ops (que vendera 5,6 millóns de unidades no mesmo tempo) e do anterior Call of Duty (Modern Warfare 3 colocara 6,5 millóns de copias o primeiro dÃa).
Tamén superou ao lanzamento de Halo 4,
que vendeu 3 millóns de copias o dÃa da súa estrea para Xbox 360, pero non
podemos establecer unha comparación directa con este tÃtulo por ser exclusivo
para a consola de Microsoft.
Con estes resultados parece bastante seguro que o novo Call of Duty vai ser a estrela da campaña de Nadal, demostrando
unha vez máis a solidez dunha franquÃa que, pese a ter pouca cancha para
innovar, consegue manter unha base de usuarios fiel que medra ano tras ano.
Un sorprendente trailer de Call of Duty: Black Ops 2