Call of Duty: Black Ops 3 estrea beta multi-xogador para PS4
mércores, 19 de agosto do 2015
A partires de hoxe, os usuarios de PlayStation 4 que
conseguisen un código de acceso, poden participar xa na beta do multi-xogador de Call of Duty: Black Ops III, tÃtulo
que está a desenvolver Treyarch e que non probará o multi-xogador para Xbox One
e PC até o 26 de agosto. Un dos xeitos máis doados de conseguir un código para
acceder á beta do xogo é reservando o xogo final antes do seu lanzamento
(previsto para o 6 de novembro) e, de feito, os usuarios que comprasen o xogo con
antelación a través da PlayStation Store poderán gozar da beta dende hoxe mesmo
(sen ter que canxear códigos).
A beta pretende introducir ao xogador en elementos que buscan mudar o
concepto de multi-xogador, cun novo sistema de movementos encadeados que
permiten ao xogador moverse de xeito fluÃdo polo contorno sen perder en ningún
momento o control das súas armas. Tamén estrea o sistema de personaxe
especialista (mediante o que o xogador pode subir de nivel e dominar armas e
capacidades de combate especÃficas de cada personaxe, e dos que na beta estarán
presentes 2 dos 6 anunciados) e conta con mapas deseñados tendo en conta todas
estas melloras (na versión de proba só estarán dispoñibles 3 mapas que se
adaptan a varios estilos de xogo). Cómpre destacar que a beta só está dispoñible
en inglés, alemán e francés, e estará dispoñible só por tempo limitado.
- O xogo estrea a figura dos especialistas, dos que xa se anunciaron 6 tipos, estando 2 dos mesmos presentes na beta
Trailer da beta do multi-xogador de Call of Duty: Black Ops III