Call of Duty: Black Ops II non funcionará en Windows XP
luns, 3 de setembro do 2012
O 13 de novembro chegará ás tendas españolas o xogo Call of Duty: Black Ops II¸que non só destaca
por situar a acción nun futuro próximo nunha suposta Guerra FrÃa do Século XXI, o que permÃtelle incorporar moitas
novidades no que a armamento e vehÃculos se refire, senón que está a resultar
moi relevante polo feito que que as
súas especificacións técnicas para PC veñen de ser publicadas, deixando
fóra aos ordenadores que corran con Windows XP, pois ao facer uso de DirectX 11
o tÃtulo precisa de Windows Vista S2 ou Windows 7 como mÃnimo para poder funcionar
no PC.
O tÃtulo non é especialmente esixente no tocante ao hardware (pode correr nun
equipo cun procesador Intel Core2 Duo a 2,66 GHz con 2 Gb de RAM) pero dicir
adeus a XP dende unha franquÃa de tanta importancia é un sinal claro de que o
vello sistema operativo de Microsoft está a comezar a despedirse dos usuarios,
en boa medida polo ben que o público acolleu Windows 7.
Trailer do modo multixogador de Call of Duty: Black Ops II
- Drons e numeroso armamento farán acto de presenza no xogo grazas á súa ambientación nun futuro próximo