Cámara de alta definición resistente á auga

luns, 5 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A chegada do vídeo de alta definición aos fogares está a popularizar un tipo de cámaras de vídeo de reducido tamaño que conseguen recoller imaxes a 720 liñas en progresivo, e que polo seu contido prezo (hai modelos por pouco máis de 100 euros), e Kodak quixo entrar neste sector cun valor engadido, polo que presentou a cámara de vídeo Kodak Zx1, capaz de gravar vídeo a 60 imaxes por segundo en 720p en tarxetas de memoria SD/SDHC de ata 32 Gb (o que permitiría gardar ata 10 horas de vídeo) que destaca do resto das que podemos ver nas tendas por ser resistente á auga, estando deseñada para soportar salpicaduras e sucidade.
A Kodak Zx1 ten unha pantalla LCD de 2 polgadas, funciona con pilas recargables AA Ni-Mh (incluirá cargador), ten saída de vídeo en alta definición por HDMI, inclúe software para facilitar a edición e publicación de contidos en YouTube e outras redes páxinas web e se agarda o seu lanzamento para o mes de abril a un prezo estimado de 149 dólares.

PUBLICIDADE