Cámara espía disimulada nunha tarxeta de identificación

xoves, 23 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A tenda hongkonesa de Brando, sorprendendo unha vez máis, incorpora ao seu catálogo unha cámara espía que se fai pasar por unha tarxeta de identificación, e é capaz de tomar imaxes JPEG de 1,2 Mpíxeles, rexistrar son e mesmo gravar vídeo a unha resolución de 352 x 288 píxeles, almacenando tal información nunha memoria de 4 Gb.
A tarxeta de identificación se pode conectar ao ordenador por USB para cargar a súa batería interna, mide 8,5 x 5,2 milímetros e mesmo inclúe un clip e unha cinta para colgar a tarxeta, permitindo xogar aos espías a calquera que pague os 174 dólares (134,8 euros) do seu prezo.

PUBLICIDADE