Cancelan o lanzamento de NBA LIVE 13

venres, 28 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O alto nivel competitivo no sector dos xogos deportivos levou a que en 2010 EA Sports decidise renovar a súa franquía NBA Live dando lugar a NBA Elite 11, xogo que cancelouse un pouco antes do seu lanzamento por non ter acadado o nivel axeitado, o que faría que a súa comercialización puidese provocar grandes perdas por non ser quen de facer fronte ao NBA 2K11, prometendo que ao ano seguinte se retomaría a saga o que adiouse ata este ano, cando estaba prevista a chegada de NBA LIVE 13, título que nos sorprendeu nas últimas horas por repetir a historia do NBA Elite 11, de xeito que EA Sports decidiu cancelar o seu lanzamento por non acadar as cotas de calidade agardadas.
O novo xogo debería saír á venda o mes que vén, e incluso estreou un trailer hai poucos días, o que fai que este anuncio pille aínda máis por sorpresa, aínda que nesta ocasión volven confiar en que a vindeira entrega, NBA LIVE 14, poida ser unha realidade o ano que vén.
Os atrancos para o desenvolvemento deste título foron moitos, como o de que correse a carga dun novo estudo, ou que a competencia continúe a mellorar de xeito que sexa moi difícil colocarse ao seu nivel, non resultando aceptable para o público un xogo baixo esta marca que non estea á altura.


Trailer de NBA LIVE 13

PUBLICIDADE