Cancélase o Google I/O virtual por mor do COVID-19
venres, 20 de marzo do 2020
A primeiros de mes a ameaza do COVID-19 levou á cancelación do
Google I/O no seu formato presencial, anunciando Google a súa intención de que
boa parte das súas presentacións, relatorios e obradoiros puidesen chegar ao
público a través de retransmisións de vÃdeo en liña e outros recursos para que
o evento para desenvolvedores puidese ter lugar de xeito remoto, pero finalmente
desisten de tal opción, xa que actualmente estamos nun momento no que o
importarte é a corentena e a reclusión no domicilio, e prefiren dar prioridade
á seguridade de desenvolvedores, empregados e comunidades locais a manter un
encontro no calendario que na conxuntura actual carece de importancia real.
Dende Google comprométense a seguir axudando a manter aos cidadáns conectados e
informados durante esta crise, e tamén aseguran que, pese a non celebrarse o
Google I/O, aproveitarán os seus blogs e foros para desenvolvedores para
compartir as actualizacións relativas á vindeira versión de Android.