Candy Crush Soda Saga chega a Windows 10

xoves, 1 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Aínda que a incorporación de Candy Crush Saga a Windows 10 foi toda unha sorpresa, sorprende agora menos que King continúe a apostar polo novo sistema operativo de Microsoft para achegar as súas creacións, e estrea hoxe a secuela do seu popular xogo para equipos con Windows 10, que xa poden agora descargar de balde dende a Tenda de aplicación Candy Crush Soda Saga.
Este xogo funciona polo momento só en Windows 10 de escritorio, esperando chegar tamén a móbiles nunha futura actualización. Candy Crush Soda Saga agocha poucas sorpresas, de xeito que mantén a mecánica de Candy Crush, pero completa os clásicos caramelos con botellas de refresco que engaden líquido á zona de xogo para inverter a gravidade. As botellas poden combinarse con caramelos para desencadear a peixes de gominola que desencadearán xogadas especiais na liña do que fan outras combinación de caramelos liberando osiños de gominola.
Temos así un xogo conservador, que gustará a todos os seareiros da anterior entrega, e que como grande atractivo ten agora que pode executarse en ordenadores e tabletas con Windows 10. Tamén é posible conectar o xogo a Facebook para compartir as puntuacións cos amigos.

PUBLICIDADE