Canon presenta novas cámaras con sensores de 32,5 Mpíxeles

xoves, 29 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Esta semana Canon está a estrear un par de cámaras de alta velocidade con obxectivos intercambiables e sensores APSC-C de nova xeración que, pese a coincidir en moitas das súas características, teñen diferenzas notables que fan que se adapten a distintos tipos de fotógrafos.
As Canon EOS 90D e EOS M6 Mark II contan ambas con sensor CMOS APS-C de 32,5 Mpíxeles, procesador de imaxe DIGIC 8, gravacións de vídeo 4K a 30 imaxes por segundo e Full HD a 120 imaxes por segundo, enfoque automático CMOS Dual Pixel, obturador electrónico de até 1/16.000, Wi-Fi e Bluetooth, ou sexa, que estamos ante dúas máquinas cun interior moi semellante, pero o seu deseño exterior deixa claro que teñen enfoques diferentes.

A Canon EOS 90D sería unha cámara réflex, de xeito que ten un corpo de maior tamaño, cun visor óptico apiado por unha pantalla táctil LCD de ángulo variable, capaz de disparar até 10 fotografías por segundo e grandes posibilidades de enfoque que fai que esteamos nunha cámara moi axeitada para a captura deportiva ou de vida salvaxe.
Ten previsto chegar ao mercado a mediados de setembro a un prezo de partida de 1.199 dólares (nos EE.UU.).

Vídeo de presentación da Canon EOS 90D

Pola súa banda a Canon EOS M6 Mark II ten un tamaño máis compacto (ao ser unha cámara sen espello) e un corpo máis lixeiro, é capaz de disparar até 14 fotografías por segundo con enfoque automático ou até 30 imaxes por segundo disparando a refoladas. Permite seleccionar os puntos de enfoque automático na súa pantalla táctil de 3 polgadas (que pode xirarse completamente para facilitar os autorretratos) e tamén conta con enfoque automático Dual Pixele e enfoque automático aos ollos.
Confíase en que chegue ás tendas a finais de setembro a un prezo que parte dos 849,99 dólares (nos EE.UU.).

Vídeo de presentación da Canon EOS M6 Mark II

PUBLICIDADE