Canon presenta un obxectivo macro para cámaras sen espello que integra un flash de anel
mércores, 11 de maio do 2016
Para os fotógrafos que buscan obxectivos compactos e
lixeiros para disparar instantáneas macro Canon presenta o novo
obxectivo EF-M 28mm f/3.5 Macro IS STM, que é o primeiro obxectivo macro de
Canon deseñado para as súas cámaras micro catro terzos, que como grande
atractivo conta cunha unidade de flash electrónico Macro Lite, ou sexa, un
flash de pouca intensidade que permite iluminar os obxectos na proximidade
axudando asà a captar o momento cunha maior precisión nas cores e con maior
calidade. Este flash está composto por dúas unidades curvas colocadas na parte
frontal do obxectivo, que poden iluminarse de xeito independente ou ambas á
vez, en función da cantidade de luz precisa no momento de disparar a
fotografÃa.
Este obxectivo tamén inclúe Hybrid IS (o estabilizador de imaxe que xa
empregaba o obxectivo Canon EF 100 mm f/2.8L Macro IS USM), un motor sueva para
reducir o ruÃdo durante a gravación de vÃdeo, un ángulo de visión semellante a
un obxectivo estándar de 45 milÃmetros (equivalente a 35 milÃmetros) e unha forma que facilita a captura
de imaxes de alta calidade a curta distancia sen proxectar sombras.
Este novo obxectivo macro de Canon está previsto que saia á venda en xuño a un
prezo de 299,99 dólares.
VÃdeo no que amosan as posibilidades do novo obxectivo macro de Canon