Canon presenta un par de cámaras instantáneas

xoves, 28 de marzo do 2019 Marcus Fernández

A Canon Zoemini S integra un espello que facilita o disparo de selfies

Aínda que as cámaras fotográficas instantáneas sexan cousa do pasado, existen unha certa tendencia nostálxica que as recupera combinando cámaras dixitais con impresoras fotográficas, e aínda que este mercado é bastante reducido, Canon considerou axeitado introducir no mesmo un par de cámaras instant, a Canon Zoemini S e a Canon Zoemini C.
A Canon Zoemini S é ideal para os que desexen captar, imprimir e compartir as súas aventuras durante as vacacións, un selfie espontáneo, fotos con amigos... para o que temos unha cámara cun sensor de 8 Mpíxeles , un espello na parte frontal, un flash anular e a capacidade de disparo a distancia (coa aplicación móbil Canon Mini Print).
Esta cámara preséntase en acabados en 3 cores distintas, comunícase por Bluetooth co móbil para poder imprimir dende o mesmo imaxes aplicándolles filtros ou realizando composicións, e imprime con tecnoloxía Zink (ou sexa, sen tinta), vendéndose cun paquete de 10 follas de papel para impresión Zink (de 5 x 7,6 centímetros) con adhesivo posterior.
A Canon Zoemini C é unha versión máis sinxela, que limítase a disparar fotografías de 5 Mpíxeles, prescinde de Bluetooth para o seu control remoto (e o uso a xeito de impresora dende o móbil) e venderase con acabados en 4 cores distintas.
Ambas cámaras instant de Canon poranse á venda en abril tanto na páxina web de Canon como a través de distribuidores autorizados.

Canon reforza o seu catálogo de cámaras instant cun par de modelos con prestacións bastante diferentes
As fotografías destas cámaras poden imprimirse en papel adhesivo

PUBLICIDADE