Capcom anuncia un novo Street Fighter IV</Em>

luns, 15 de xullo do 2013 Marcus Fernández

A pasada fin de semana, no marco da competición de xogos de loita EVO 2013, Capcom anunciou oficialmente unha nova entrega do seu xogo estrela, Ultra Street Fighter IV, que chegará para PS3, Xbox 360 e PC, para alimentar a saga de Street Fighter IV que é todo un referente do xénero, e o principal título para as competicións grazas á súa riqueza de escenarios e personaxes, así como o seu equilibrio.
Ultra Street Fighter IV inclúe como novidades aos personaxes Poison, Hugo, Elena, Rolento e a un equipo loitador segredo, con novas animacións e estilos de xogo, completando un cadro de 44 personaxes. Tamén incluirá 6 novos escenarios nos que combater.
Dado que este tipo de entregas son máis unha actualización que un xogo completamente novo, Capcom decidiu que vai distribuílo tanto como xogo completo por 39,99 euros como mediante actualización descargable das entregas anteriores de Street Fighter IV por 14,99 euros, estando programado o lanzamento para primeiros de 2014.


Trailer de presentación de Ultra Street Fighter IV

PUBLICIDADE