Capcom celebra os seus 30 anos con descontos de ata o 75% nos seus xogos para PC

venres, 11 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Durante esta fin de semana Capcom quere celebrar o seu 30º aniversario na plataforma de xogos en descarga para PC Steam, para o que ofrece todos os seus títulos con importantes descontos de entre o 75 e o 50%, o que é unha excelente oportunidade para facerse con grandes títulos a prezos moi atractivos.
Algunhas das grandes ofertas que temos serían o Capcom Fighter Bundle (lote con Street Fighter X Tekken e Super Street Fighter IV Arcade Edition) cun 68% de desconto (o que quedaría en só 19,99 euros); Resident Evil 5 e Devil May Cry 4 por só 4,99 euros cada un; o recente DmC Devil May Cry cun 75% de desconto (quedando en 9,99 euros); e incluso o completo Capcom Action Hits Bundle por só 54,99 euros, de xeito que polo prezo dun xogo físico novo teriamos 8 grandes xogos (Bionic Commando: Rearmed, Dead Rising 2: Off the Record, Dead Rising 2, Devil May Cry 4, Lost Planet 2, Resident Evil 6, Resident Evil 5 e Super Street Fighter IV Arcade Edition). Todos estes xogos están dispoñibles unicamente para Windows, carecendo de versións para OS X ou Linux.

PUBLICIDADE