Capcom rebaixa varios dos seus xogos para Xbox 360

mércores, 17 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Super Street Fighter IV: Arcade Edition é un dos xogos rebaixados nestes días de verán

Ubisoft e a súa saga Assassin’s Creed non son os únicos que están de oferta no Bazar de Xbox LIVE coa chegada do verán, e Capcom tamén está a ofrecer con grandes descontos moitos dos seus títulos para Xbox 360, entre os que destaca especialmente o magnífico Super Street Fighter IV: Arcade Edition a un prezo de 14,99 euros xa que nos últimos días confirmouse que que vai recibir unha actualización descargable a Ultra Street Fighter IV que custará 14,99 euros, o que con esta oferta suporía unha rebaixa duns 10 euros fronte á compra do xogo completo cando chegue a primeiros de 2014.
Outros xogos que podemos destacar do catálogo de Capcom para a consola doméstica de Microsoft son Lost Planet 2 por 4,99 euros, Ultimate Marvel vs. Capcom 3 por 14,99 euros, Dark Void por 4,99 euros, Resident Evil 5 por 9,99 euros, Devil May Cry 4 por 9,99 euros, o lote coas 3 primeiras entregas de Devil May Cry en HD por 14,99 euros, Asura’s Wrath por 9,99 euros e moitos outros contidos descargables.

PUBLICIDADE