Capcom recupera os xogos de recreativa de Dungeons & Dragons

mércores, 19 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Capcom en colaboración con Wizards of the Coast vén de recuperar un par de xogos dos que moitos seareiros de Dungeons & Dragons gardan bo recordo, o clásicos de recreativa Dungeons & Dragons: Tower of Doom e a súa secuela Dungeons & Dragons: Shadow over Mystara, recompilados con gráficos adaptados para a alta definición baixo o título de Dungeons & Dragons: Chronicles of Mystara, recuperando este estilo de xogo de rol de acción con desprazamento lateral que permite xuntar ata a 4 usuarios á vez (tanto en local como en liña) que poderán cooperar para derrotar aos moitos e variados inimigos que aparecen en pantalla.
D&D: Chronicles of Mystara pode adquirirse xa en formato descargable para Xbox 360, PlayStation 3 e PC (Steam), a un prezo de 1.200 Microsoft Points, 14,99 e 13,99 euros respectivamente, contando con versión de demostración nos 3 casos e agardando que máis adiante goce tamén dunha versión para Wii U.


Trailer de lanzamento de Dungeons & Dragons: Chronicles of Mystara

O xogo permite que xoguen á vez ata 4 xogadores (en local ou en liña)

PUBLICIDADE