Capcom trae a consolas 7 dos seus clásicos beat’em up
martes, 18 de setembro do 2018
As consolas de videoxogos de nova xeración reciben hoxe unha
recompilación de xogos clásicos de Capcom que eran auténticos imprescindibles
dos salóns recreativos a finais dos anos 80 e comezos dos 90, e que poden
adquirirse de xeito conxunto por 19,99 euros para Xbox
One, PlayStation
4 e Nintendo
Switch.
O Capcom Beat’Em Up Bundle, como ben
indica o seu nome, é unha recompilación de xogos de loita do xénero beat’em up, que recolle sete clásicos:
por unha banda temos Final Fight (o
grande referente do xénero), Captain Commando,
The King of Dragons, Knights of the Round e Warriors of Fate; e, como detalle que
pon en valor esta recompilación, un par de xogos que estaban inéditos en
consola, Armored Warriors e Battle Circuit.
Os tÃtulos permiten xogar en cooperativo até 4 usuarios á vez tanto en local
como en liña, permitindo asà trasladar as experiencias propias dos salóns recreativos
nos que varios amigos unen forzas para derrotar aos moitos inimigos que van
aparecendo en pantalla.
- Os xogos manteñen a súa fidelidade coas máquinas recreativas, incorporando incluso o modo de xogo cooperativo
- Warriors of Fate é un dos xogos incluÃdos nesta recompilación