Carcasa para discos duros que facilita o uso de ficheiros ISO

luns, 24 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O iodd 2501 é un carcasa para dotar a un disco duro SATA de 2,5 polgadas de conectividade USB 2.0/1.1 e eSATA con velocidades máximas de 480 Mbps e 3 Gbps respectivamente, con compatibilidade con Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X e Linux, unhas medidas de 130 x 76 x 13 milímetros e unha cativa pantalla OLED que destaca por permitir a carga de ficheiros de imaxe (ISO) gravados no disco duro inserido no seu interior sen precisar de ningún programa adicional, de xeito que o ordenador ao que se conecte esta unidade detectará un disco duro externo e unha unidade óptica (CD ou DVD) coa imaxe que elixamos cargar. Tamén cuns botóns laterais que permiten a selección das ISO que queiramos montar, no que poderiamos considerar como a versión hardware de aplicacións como as Daemon Tools, resultando bastante práctico para, por exemplo, a carga de imaxes de discos de instalación nun ordenador ultraportátil.

PUBLICIDADE